Unha atractiva viaxe que nos fará pensar en que planeta vivimos, poñendo de releve os aspectos diferenciadores das distintas culturas do mundo.
Dín que cada persoa é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela.
Din que a Terra tamén é un mundo, pero si nela viven milleiros e milleiros de persoas, daquela a Terra son milleiros de mundos diferentes.
De entre todos eses mundos, Samba vai escoller uns poucos para contarnos as súas historias.
Son, polo tanto, mundos contados, mundos que existen desde hai moito tempo.
Algúns permanecen, outros non, o que si conservamos son os seus contos. Xa se sabe mentres hai memoria hai esperanza.
Espectáculo de narración oral, moi asequible para pequenos espazos non teatrais.
Ficha artística
Autor: Marta Ríos Dirección: Paula Carballeira Elenco: Marta Ríos
Ficha técnica
Idioma: Galego Duración: 50' Xénero: Comedia Idade recomendada: de 4 a 11 anos
Contenidos relacionados
 UBÚ REI Tantas veces visitado o Ubú Rei de Alfred Jarry, desta vez poñemos os ollos para miralo desde o porto de Belfast, nunha versión que pretende conservar a distorsión sintáctica do orixinal e o seu carácter inxenuo e profundamente teatral.  SOPA DE SAPO Unha divertida comedia, pensada para público familiar, que nos mergulla nos contos tradicionais de bruxas e feitizos. TALÍA TEATRO. Autor: Artur TrillO. Dirección: Artur Trillo  PEQUENA Un espectáculo dirixido a público infantil, para descubrir o grande que pode ser alguén pequeno e o pequenas que poden chegar a ser as grandes cousas, que case non ocupan espazo.  CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO Un espectáculo áxil e divertido, dirixido a público infantil e que pon en valor a amizade a través dunha estética expresionista.
Máximo Toxo, gran escritor, aínda que pouco coñecido. Vive pechado na súa casa, buscando acadar a obra perfecta, o libro polo que será recordado eternamente (e que lle permitirá pagar as súas débedas).  VOLPONE Unha divertida comedia que retrata satíricamente a nobres e non tan nobres señores, que teñen como principal interés reunir fortunas sen importar o rídiculo que teñan que facer nen o custo que outros teñan que pagar.  E TI QUÉN VÉS SENDO? Que pasaría se, de súpeto, alguén ocupase o teu lugar na vida? Pero non alguén en xeral, senón unha copia exacta de ti mesmo, que coñece ata os máis íntimos detalles da túa vida. Como demostrar que un mesmo é o "auténtico" cando o "outro" é idéntico a un mesmo? Este é o arranque da peripecia do Anfitrión de Plauto, revisitada en clave actual por Cándido Pazó.
|